
Así, a conselleira de Educación animou ao equipo do CPI Dos Dices a continuar traballando coa mesma ilusión e esforzo na fase final do campionato LEGO League, que se celebrará en Atlanta, logo de resultar campións absolutos en España, nunha competición que se celebrou en Barcelona.
Esta liga é un programa internacional que combina un práctico programa interactivo de robótica cun ambiente deportivo. Na liga participan máis de 100.000 rapaces e rapazas de todo o mundo e 100 equipos. O campionato consiste na creación dun robot con pezas de LEGO, capaz de realizar misións. Ademais, o concurso tamén conta cunha parte que consiste na defensa dun proxecto científico.

Sánchez Piñón recibe ao equipo galego que galardoado na fase española da FIRST LEGO League
Compartir Este Artigo
