A Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e o Delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria, participaron esta mañá en Vilar de Santos e Xinzo da Limia nos actos de posta en servizo da nova rede de telecomunicacións sen fíos dos parques empresariais destes concellos.
Estas instalacións, desenvoltas con tecnoloxía WiMAX que ofrecen cobertura de banda larga de calidade ás empresas localizadas nos parques, supuxeron un investimento por parte da Dirección Xeral de 191.418 euros, cos que dotaron ás empresas sitas nestes parques de servizos de banda larga, ferramentas imprescindibles para desenvolverse con eficiencia nos mercados actuais.
Esta actuación enmárcase na primeira fase do proxecto para proporcionar banda larga de calidade a todos aqueles polígonos ou parques empresariais que carecían dela ou esta era deficiente. Tras asinar convenios cos concellos de Vilar de Santos e Xinzo, que poñen solo a disposición da Consellería de Innovación e Industria para o alzado dunha torreta, pasouse a convocar un concurso público para instalación do equipamento necesario baseado en tecnoloxía WiMAX. Este concurso foi adxudicado á empresa R que prestará o servizo a partir de agora e que no acto fixo unha demostración de conectividade entre ambos parques.
Os polígonos empresariais de Vilar de Santos e Xinzo da Limia estrean redes WiMAX
Compartir Este Artigo
