Aínda que faltan bastantes meses para que o Windows 7 chegue ao mercado, Microsoft xa deu a coñecer o esquema de versións cos que contará o seu novo sistema operativo que contará cunha versión para mercados emerxentes (Windows Home Basic) e 5 versións para o resto de países, que serían Starter Edition (só para equipos novos, sen efectos de Aero e con outras limitacións como que só permitiría executar 3 aplicacións simultáneas), Home Premium (versión moi completa, pero sen soporte de dominios), Professional (xa con soporte de características de rede avanzadas), Enterprise (reservada a licenzas por volume para clientes corporativos) e a Ultimate (só dispoñible en tendas, e que sería a máis completa de todas).
Un dos detalles máis rechamantes da nova política de versións é que incluirá a ferramenta Windows Anytime Upgrade que permite actualizar a unha versión superior do sistema operativo de xeito rápido e sinxelo nuns 15 minutos.
Windows 7 contará con 6 versións diferentes
Compartir Este Artigo
