Dende hai tempo os usuarios do navegador web Firefox poden utilizar o servizo Foxmarks para sincronizar a listaxe dos seus sitios web favoritos e os seus contrasinais para varios equipos, pero esta semana Foxmarks lanzou unha ferramenta que permite levar esta función de sincronización de favoritos ao Internet Explorer e ao Safari (aínda que non permita a sincronización de contrasinais con estes 2 navegadores) o que facilita o uso de distintos navegadores e equipos por parte do usuario para, por exemplo, ter os mesmos favoritos no ordenador de casa e no do traballo.
Vídeo de Walt Mossberg falando de Foxmarks
