Coa nova funcionalidade podemos ver os discursos de Barack H. Obama subtitulados en galegoCando hai pouco máis dunha semana Google incorporou o galego á súa relación de linguas do seu tradutor automático advertimos de que podería espallarse a outros servizos de tradución de Google coma o dos subtítulos en YouTube, e hoxe dende Vieiros informan de que xa é unha realidade, de xeito que cando atopemos vídeos con subtítulos (coma os discursos oficiais do presidente dos EE.UU. ou algunhas series de animación xaponesa) os poderemos ler en galego, aínda que esta tradución é bastante rudimentaria, resultando bastante complicado comprender a meirande parte dos textos e tendo a tradución unha calidade moi inferior a cando se fai ao español, aínda que é de agardar que vaia mellorando co tempo, posto que esta funcionalidade aínda está en fase de probas.