Google presentou hai pouco máis dun ano unha ferramenta de sincronización de contactos e axenda dos seus servizos en liña cos terminais BlackBerry, e agora abren este servizo a dispositivos co sistema operativo Windows Mobile, así coma para o iPhone, pois engadiron o soporte de SyncML, o que permite que cando dende a web se engada un contacto ou unha cita, esta información apareza en poucos minutos no móbil de xeito automático.
Este novo servizo é de balde, o que agradecerán especialmente os usuarios do iPhone, que o teñen así máis doado para prescindir do servizo Mobile Me de Apple (que custa 79 euros/ano, co que tamén inclúe un servizo de almacenamento de datos), pois o correo electrónico de Google xa está ben integrado no iPhone, especialmente dende que Gmail incorporou soporte do protocolo IMAP.
Vídeo de presentación do novo Google Sync
Google Sync adáptase ao iPhone e a terminais con Windows Mobile
Compartir Este Artigo
