
Miro 2.0 incorpora unha nova interface baseada en widgets, permite separar vídeos da fiestra principal durante a súa reprodución, mellora a xestión de listaxes de reprodución, facilita a descarga de contidos de webs coma Archive.org ou legaltorrents.com, amplía o seu soporte de ficheiros de audio e actualiza a aparencia da Miro Guide, guía de contidos descargables a través de Miro.
Esta aplicación está dispoñible de balde para Windows, Mac OS X e Linux, e resulta moi práctica para a descarga de vídeos de YouTube, o acceso a podcasts ou mesmo para descargar automaticamente os clips publicados en Quin.TV, o que facilita a súa reprodución a posteriori, así coma o borrado automático dos vídeos vellos que non marcásemos para a súa conservación.


| Vídeo de presentación da nova versión de Miro |

