Os usuarios de Windows que queiran manipular ficheiros de son en MP3, WMA, WAV ou OGG poden agora utilizar o programa de balde Free Audio Editor, que permite editar visualmente os ficheiros de son, aplicar efectos, utilizar filtros de redución de ruído, extraer audio directamente de CD, xerar audio a partir de texto (en inglés) e incluso a posibilidade de gravar os ficheiros de audio a CD.
Se ben existen outros editores de audio coma Audacity (programa aberto e multiplataforma), esta nova aplicación é máis doada de utilizar, aínda que resulte máis limitada, polo que é unha interesante opción para os que non queiran adquirir un editor de pago profesional.
Free Audio Editor, programa de balde para manipular ficheiros sonoros
Compartir Este Artigo

