Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) reuniuse coa directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, para explicarlle as actuacións levadas a cabo no marco de colaboración coa Consellaría de Innovación en Industria como a creación do Centro de Documentación da súa páxina web como «lugar referencial para dar a coñecer os escritores galegos e a súa obra» mediante a dixitalización de documentos e a súa publicación na Rede, a posibilidade de que os asociados poidan ter a súa web persoal, a posta en marcha da editorial dixital AELG Editora ou a ampliación dos contidos didácticos da web, incluíndo 60 novas unidades didácticas para 68 obradoiros de creación literaria.
A AELG dá conta das melloras na súa páxina web
Compartir Este Artigo
