Adobe aproveitou o Mobile World Congress para anunciar que o Flash Player 10 estará dispoñible para terminais con Windows Mobile, Android, Symbian e os novos sistemas operativos de Palm, non na súa versión reducida, senón coa súa potencia completa, aínda que non poderemos ver esta tecnoloxía en móbiles ata primeiros de 2010, o que entendemos que está limitado pola limitada potencia dos smartphones actuais.
Actualmente xa hai distintos móbiles con Flash Lite integrado, pero iso non abre a porta a todos os contidos Flash que hai na web, de aí que unha versión completa sexa unha grande vantaxe tanto para os usuarios (que poderán acceder a máis contidos) como para desenvolvedores (especialmente de xogos e de ferramentas multimedia).
Nos últimos meses xa se viña falando moito da adaptación do Flash ao iPhone, aínda que parece existir certo consenso en que o móbil de Apple non ten a potencia suficiente para correr esta tecnoloxía na web, o que nos dá unha idea dos tipos de terminais que poderán gozar dunha versión completa do reprodutor de Flash no futuro.
O Flash será unha realidade nos móbiles en 2010
Compartir Este Artigo
