Sol Trujillo durante unha intervención no MWCO Mobile World Congress de Barcelona remata cun desagradable incidente, pois segundo o xornal australiano The Daily Telegraphdesapareceu un terminal telefónico co sistema operativo Windows Mobile 6.5 destinado a Sol Trujillo, presidente de Telstra, e que podería ter sido subtraído nun acto de espionaxe industrial, xa que o novo sistema operativo de Microsoft para móbiles aínda tardará uns meses en chegar a terminais comerciais, e adiantarse á súa publicación podería ter graves repercusións, aínda que dende Microsoft aseguran estar tranquilos porque consideran que non é doado superar a seguridade do seu software (que tampouco se trataría da súa versión definitiva). O móbil desaparecido podería ser un HTC Touch Pro2 ou HTC Touch Diamond2, os máis emblemáticos para o uso do novo sistema operativo móbil de Microsoft, e tampouco habería que esquecer que a desaparición do móbil podería ser un mero extravío.