Os usuarios do iPhone e do iPod Touch xa poden instalar no seu dispositivo multimedia unha nova aplicación a través de iTunes que permite escoitar en directo as 24 horas de emisión da Cadena Ser, podendo recibirse este sinal tanto conectados por Wi-Fi coma por 3G.
A Cadena Ser xa ofrece parte da súa programación en formato de podcast, que é o formato natural para os reprodutores multimedia de Apple, pero coa chegada da nova aplicación as emisións en directo da Ser xa non serán algo exclusivo dos usuarios que adquirisen o accesorio de radio FM para o seu reprodutor multimedia, á vez que tamén abre a posibilidade de recibir o sinal de emisora onde carece de cobertura ou o seu sinal é moi feble.
A Ser en directo no iPhone
Compartir Este Artigo
