O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, asinaron dous convenios de colaboración para a execución dun proxecto de formación de Dinamizadores Tecnolóxicos para a implantación de ferramentas de xestión do coñecemento de código aberto.
Neste momento xa hai 48 empresas de diferentes sectores, que foron seleccionadas a través de entidades que colaboran no proxecto como son o CEI-Nodus, a Asociación de mulleres empresarias, a Asociación provincial de hostaleiros, Asociación de Jóvenes Empresarios e a Fundación CEL.
O obxectivo desta iniciativa, que conta cun investimento por parte de Deputación e Concello de 35.360 euros, é demostrar ás empresas as vantaxes do uso das TIC para mellorar a súa xestión e ganar en competitividade.
As novas tecnoloxías da información e da comunicación, as denominadas TIC, aportan ás pequenas e medianas empresas (PEME) eficacia e rendibilidade. Segundo un estudo da Unión Europea o uso das TIC supón un incremento dun 40% da produtividade no tecido empresarial.
Os responsables local e provincial destacaron a importancia que ten o coñecemento e uso das novas tecnoloxías na xestión diaria, xa que abren novas oportunidades de desenvolvemento, de riqueza e de emprego.
Novo convenio sobre a implantación das TIC nas empresas de Lugo
Compartir Este Artigo
