
A polémica nace da denuncia dunha usuaria de Xbox LIVE chamada Teresa, e que no seu perfil de xogadora se auto-define coma lesbiana, o que outros xogadores consideraron ofensivo, polo que acosaron á moza, perseguíndoa nas súas partidas en distintos xogos e instaron a outros xogadores a votar negativamente a esta xogadora. Finalmente a rapaza foi vetada do servizo por indicar as súas preferencias sexuais no seu perfil, o que incumpre claramente as condicións do servizo (que non permite a manifestación de tendencias políticas, sexuais ou relixiosas precisamente para evitar este tipo de problemas).
Dende Microsoft aseguran que están a traballar para evitar que se remitan incidentes semellantes, pero podemos lembrar que nos últimos días tamén comezaron a prohibir o uso da palabra gay no nome de xogador dos seus usuarios, ante queixas recibidas por xogadores que se sentiron ofendidos por nomes coma theGAYERgamer (o xogador máis gai).
Expulsan de Xbox LIVE a unha lesbiana por manifestar a súa condición sexual no seu perfil de usuario
Compartir Este Artigo
