
Deste xeito, despois de lanzar, entre outras aplicacións, a versión definitiva do phpBB3 en galego, de traducir á nosa língua os foros Fireboard na súa versión 1.0.4., de completar a tradución do WinMerge, e de facer posible que o galego estea “presente de xeito oficial desde o comezo na versión estable” da aplicación de Panel de Control Open Source para provedores de acceso á Rede IspCP Omega, a CiberIrmandade da Fala vén agora de anunciar a saída do ispCP Omega, dende a súa primeira versión estable, en galego, concibido grazas ao esforzo dos voluntarios e voluntarias que colaboraron no traballo de tradución dende o comezo.
Nembargantes, a entidade asegura que esa non é a única actividade que os ocupa e que nos últimos tempos veñen traballando arreo no mantemento e mellora das traducións do DokuWiki, WinMerge e do phpBB3.
Este último caso foi, segundo a CiberIrmandade, “especialmente importante” ao ter que corrixir un pequeno erro na tradución, que afectaba á presentación dunha das páxinas do Panel de Control da Administración.
En tódolos casos, aseguran, “os arquivos coas traducións están dispoñibles nos sitios web oficiais, canda as distribucións das aplicacións traducidas”, e nalgúns casos concretos tamén na área de descargas da súa web.
A CiberIrmandade da Fala anuncia a saída do ispCP Omega en galego
Compartir Este Artigo

