Cando Amazon presentou o Kindle 2 sorprendeu co feito de que o dispositivo fose capaz de ler en voz alta o texto dos libros cargados no mesmo mediante tecnoloxía text-to-speech (TTS), pero o gremio de autores revelouse ante esta funcionalidade, que consideran que pode lesionar a venda de audiolibros (moi populares nos EE.UU.) o que levou a que esta funcionalidade poida ser optativa. Dito doutro xeito, a opción de texto a voz só estará presente para os libros que autoricen os seus editores.
Esta medida sorprende bastante, porque dicir que un lector automático pode suplantar a unha versión narrada dun libro por un profesional é como dicir que os subtítulos ameazan á dobraxe no mundo do cine. Entendemos que as tecnoloxías TTS serven para persoas con problemas visuais e usos semellantes, pero falta moito para que sexan capaces de achegar unha experiencia de lectura agradable, principalmente pola falta de personalidade na dicción e a carencia absoluta de expresividade (a lectura é uniforme, sen diferenciar o humor da traxedia).
Limitan a función de texto a voz do Kindle 2
Compartir Este Artigo
