Os Fiasco Awards, que pretendían galardoar aos proxectos TIC peor desenvolvidos pese ás súas aspiracións iniciais xa teñen gañador, de xeito que Windows Vista foi considerado o Fiasco do Ano tras facerse con 5.222 dos 6.403 votos emitidos neste orixinal premio, deixando claro que é todo un acerto o lavado de cara que dará ao seu sistema operativo Microsoft co Windows 7 que chegará a primeiros de 2010.
Entre os candidatos aos premios estaban iniciativas coma Google Lively (que prometía ser o Second Life de Google e pechou por falta de éxito), a radio dixital (que no caso galego ata deixou deserto o seu concurso de licenzas), Mobuzz TV (que foi protagonista de todo un culebrón que rematou co seu peche) ou o proxecto One Laptop Per Child (que fracasou en crear un ordenador para nenos de países en vías de desenvolvemento por 100 dólares, mentres que outros fabricantes aproveitaron a idea para crear todo un fenómeno de éxito, os ultraportátiles de baixo custo).
Premian ao Windows Vista coma o maior fiasco de 2008
Compartir Este Artigo
