
A exposición estará ata o 8 de marzo no Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova, e poderá visitarse de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Os visitantes poden participar nunha experiencia interactiva que mestura a arte e a tecnoloxía, servido como plataforma para experimentar novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e universidades galegas.
Galiciadixital ofrece proxeccións e xogos en 3 dimensións, un tiraboleiro virtual, unha viaxe aérea pola nosa comunidade e a presenza de Axóuxere, o can robot que fala galego.

A exposición itinerante Galiciadixital chega a Celanova
Compartir Este Artigo
