Ante a proliferación de procesadores Atom para ordenadores ultraportátiles, Intel vese empurrada a potenciar estes chips para mellorar o seu rendemento e permitir maiores prestacións, polo que confirmaron que grazas ao chipset GN40 serán capaces de mover vídeo en alta definición (ata 1.080p) sen os saltos do chipset 945 actual.
De todos os xeitos, dende Intel advirten que iso non implica que os procesadores Intel Atom sexan capaces de procesar vídeo dun Blu-ray, pois non soportarían vídeo de elevado bitrate e con múltiples capaz (como fan algunhas películas en tal soporte) senón que serviría para a reprodución dos típicos vídeos de alta definición que podemos atopar na Internet con compresións H.264 ou WMV.
Lembremos que na actualidade plataformas coma YouTube xa publican vídeo en alta definición a 720p, polo que este paso de Intel para permitir o acceso a estes contidos sexa necesario, entendéndose tamén como unha reacción a outros fabricantes que tamén queren comercializar chips gráficos a utilizar en combinación cos procesadores Intel Atom.
Os procesadores Intel Atom adaptaranse ao vídeo en alta definición
Compartir Este Artigo
