As tarifas planas móbiles para datos viven unha guerra de prezos e características, na que as operadoras compiten por achegar unha conexión cun límite de transferencia elevado e un prezo reducido, ao que agora Simyo engade un modem USB que tamén pode operar coma teléfono móbil e que sae practicamente de balde.
A nova promoción de Simyo consiste na contratación da súa tarifa plana 3G que inclúe a transferencia de 5 Gb de datos a unha velocidade de ata 3,6 Mbps (superado ese límite a velocidade baixa a 128 Kbps, sen sobrecusto) sen compromiso de permanencia por 24,99 euros/mes, que no caso de facerse adquirindo un modem Toshiba G450 libre (que tamén pode realizar chamadas de voz, enviar e recibir SMS e incluso funciona coma reprodutor multimedia con soporte de ficheiros MP3, AAC, AAC+ e eAAC+) por 49 euros incluíndo un 50 euros de consumo de balde, que se aplicará en 5 tramos mensuais de 10 euros, de xeito que dende Simyo o anuncian como a mellor oferta de modem USB e tarifa plana, pois a cota mensual sairía a 14,99 euros/mes durante 5 meses.
Esta oferta é realmente atractiva polo feito de que o modem 3G é libre e non existe compromiso de permanencia, o que a converte nun interesante opción para introducirse na banda larga móbil.
Simyo anuncia a mellor oferta de módem USB e tarifa plana
de datos móbil
Compartir Este Artigo
