
Non hai que esquecer que para moitos usuarios do iPhone nos EE.UU. o terminal é excelente, pero o servizo de AT&T considérase algo malo, pois en cidades coma New York as outras operadoras teñen unha cobertura moi superior e as chamadas establécense con máis calidade de voz.
A exclusividade do iPhone remataría para o ano que vén, e na actualidade estarían a negociar a ampliación do prazo ata 2011. Esta situación podería replicarse noutros mercados, coma o español, onde non son poucos os usuarios que non adquiriron o móbil de Apple por mor da operadora que o comercializa (Telefónica), de aí que as compañías que chegaron a vender o terminal importándoo doutros países europeos resultase tan rechamante e atractivo. ¿Aproveitará Apple o lanzamento dun novo iPhone para cambiar o seu modelo de explotación? Non sorprendería, pois co iPhone 3G tamén botara por terra a súa política anterior (que, entre outras cousas, non aceptaba a subvención de terminais).
AT&T traballa por manter a exclusividade do iPhone nos EE.UU.
Compartir Este Artigo
