Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gilberto Gil pide que se estimule a cultura p2p
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Gilberto Gil pide que se estimule a cultura p2p

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/06/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gilberto_gil.jpgO cantante brasileiro Gilberto Gil (a piques de publicar un novo álbum, de nome Banda Larga Cordel) tense posicionado en repetidas ocasións a prol do software libre e dun tipo de transmisión da cultura e do coñecemento en xeral que sexa coma un diálogo de iguais e unha colaboración. Agora, dúas semanas antes do lanzamento do novo disco (que, como se deduce do título, xoga coa idea de evoluír cara a diante, formalmente no tecnolóxico, e tamén para atrás, aplicando ás cancións a arela de seren compartidas que teñen as cousas que hai nun patio de colexio), volve á carga situándose alén –aínda- do pensamento transmitido previamente.
Fíxoo basicamente defendendo a cultura das redes p2p, á que el mesmo denomina peerarquía, perante os asistentes ó Google Zeitgeist, un evento celebrado en Watford (Reino Unido). As declaracións do que foi cofundador do movemento tropicalista e actual Ministro de Cultura do Brasil aparecen recollidas e máis traducidas ó portugués no blog Pelenegra, amais de en Chuza! e en Joi Ito (en inglés).
Unha boa parte da súa intervención baséase en defender a transmisión libre da cultura, sendo as ditas redes un boa canle para facelo, malia os moitos ataques dos que están a ser obxecto nos últimos tempos. Para Gil, este tipo de portas abertas nos ordenadores de particulares polas que entran e saen todo tipo de ficheiros deberían ser estimuladas.
Ó seu xuízo, as tecnolóxicas do século XXI están a obrigarnos a reinvetalo todo, non sendo unha excepción o xeito en que damos e recibimos coñecemento. Neste senso, propón que se reiventen tamén as políticas lexislativas e que se afagan ao novo tempo que vivimos, co fin de que se deixe de etiquetar como pirata a quen comparte libros, programas ou cancións.
Este é en liñas xerais o chamamento de Gilberto Gil aos poderes públicos do mundo: “Acredito que quem quer que exerça um cargo de responsabilidade pública devia encarar a distribuição digital da Propriedade Intelectual como a forma mais directa e poderosa de democratizar o conhecimento que a história da humanidade já conheceu; mas em vez disso, o que acontece é que quase todas as instituições formais insistem em chamar a distribuição digital de ‘Pirataria’”.
E prosegue: “O que nós devíamos era ter em atenção os novos modelos de negócio e reinventar a análise das políticas legislativas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?