Os usuarios que queiran facer uso de Twitter no seu posto de traballo se que pareza que están a atender a labores pouco profesionais poden optar a instalar a aplicación Spreadtweet, un programa desenvolvido por Elliot Kember para Adobe AIR que permite disfrazar a actividade do microblogging dunha folla de cálculo de Excel, amosando a aparencia do Office para Mac OS X ou do Office 2003 e Office 2007 para Windows.
Esta aplicación é de balde e resulta bastante práctica coma visualizador de Twitter fóra dun navegador web, aínda que só serve para a visualización de tuiteos, e non para tuitear.
Unha aplicación fai pasar a Twitter por unha folla de cálculo
Compartir Este Artigo

