Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Planeta abre o primeiro outlet de libros na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

Planeta abre o primeiro outlet de libros na Rede

Raquel Noya
Publicado: 21/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

planeta.jpgUnha vez máis, a iniciativa levada a cabo por unha empresa privada lévanos a confirmar as nosas sospeitas de que o futuro pode estar na Rede.
Todas as entidades, tanto públicas como privadas (e case sen excepcións), están comezando a abrirse camiño en Internet para non quedar obsoletas e poder ofrecer os seus produtos e servizos nas mesmas condicións de igualdade que o resto das súas competidoras, porén se o fan poñendo prezos moito máis competitivos que os da tenda física, os internautas non podemos máis que alegrarnos de que a Rede sexa un dos medios escollidos por estas empresas para vender os seus produtos.
Desta volta, a editorial Planeta DeAgostini Profesional e Formación, do Grupo Planeta, vén de sumarse a este tipo de iniciativas e vén de abrir unha tenda en liña que funciona como o primeiro “outlet” de libros en Internet, onde pon a disposición de todos os internautas preto de 300 títulos a un prezo único de 5 euros cada un.
Os libros pertencen aos selos editoriais Deusto, Gestión 2000 e CEAC e as súas temáticas céntranse nas finanzas, na contabilidade, no marketing, nas relacións públicas e na economía, así como nas áreas de comunicación, educación e psicoloxía.
Os responsables da tenda en liña aseguran que se trata dunha “iniciativa novidosa no mercado editorial”, que lle vai permitir a Planeta sacarlle partido aos libros sobrantes, que adoitan ser destruídos ou vendidos ás canles especializadas en saldos editoriais.
Os lectores e lectoras, asemade, son outra das partes que máis se van beneficiar desta decisión xa que teñen un acceso “case universal” a títulos especializados por un prezo nunca antes imaxinado para os mesmos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?