Vector Software Factory, unha empresa especializada no desenvemento de solucións avanzadas de software a medida, vén de ser escollida pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) para optimizar os seus procesos de xestión e avaliación no ámbito do ensino superior, así como para consolidar a súa misión como impulsor e garantía de calidade das universidades galegas.
A ACSUG foi en creada en 2001 como consorcio entre a Xunta de Galicia e as tres universidades públicas da nosa Comunidade para asegurar a calidade dos servizos que prestan as mesmas, en especial nos ámbitos do ensino, da investigación, da xestión, dos servizos e da avaliación do profesorado.
Xustamente por isto, este organismo precisa traballar cunha ferramenta tecnolóxica que contribúa a optimizar todos os seus procesos de análise e avaliación, e a que lle proporciona Vector Software Factory resultou ser a máis axeitada de todas as presentadas a concurso.
A solución escollida por ACSUG é unha aplicación avanzada de software que foi deseñada especialmente para dar resposta ás necesidades e desafíos desta entidade e que conta de tres grandes bloques con cadansúas funcionalidades específicas: un para capturar datos curriculares e proceder á xestión de solicitudes, outro para administrar axeitadamente os comités e usuarios avaliadores, e outro para avaliar os expedientes presentados polos solicitante e xestionar alegacións.
Tecnoloxía avanzada para avaliar a calidade das universidades galegas
Compartir Este Artigo

