O seguimento de emisións de televisión en vivo a través da Internet é cada vez máis frecuente, pero poucas son as canles que permiten facer o seu seguimento en directo a través da Rede, de aí que os usuarios busquen mecanismos para espallar estes sinais, pero en vez de apostar polo streaming de vídeo (que precisa de moitos recursos) aproveitan o potencial do P2P para compartir o largo de banda preciso para difundir as transmisións entre os usuarios das mesmas. Moitas son xa as plataformas que permiten facer tal, e agora chega outra máis, StreamTorrent, unha aplicación en probas que fai uso da tecnoloxía BitTorrent para difundir o sinal televisivo, de xeito que na actualidade xa achega ducias de canles de televisión que podemos ver practicamente en directo cunha calidade aceptable, aínda que este tipo de solución tecnolóxica tamén podería ser moi interesante para as propias canles de televisión tradicionais, que atoparían un método de distribuír o seu sinal na Internet sen ter que afrontar grandes custos polo largo de banda consumido.
StreamTorrent, nova aplicación para ver a televisión en directo
Compartir Este Artigo

