LG presentou en Corea do Sur un novo panel TFT-LCD de 23 polgadas en capaz de presentar imaxes Full HD en 3D facendo uso dunha nova tecnoloxía propietaria que permite dobrar o brillo da imaxe con respecto a outros paneis 3D doutros fabricantes.
Actualmente xa hai monitores semellantes no mercado cunha resolución menor e a un prezo bastante razoable, e vendo estes novos avances parece que as pantallas tridimensionais poderían xeneralizarse en caso de que gocen con contidos que xustifiquen a súa compra, aínda que tamén falta por comprobar que o público xeral guste das imaxes 3D de xeito intensivo, pois moitos usuarios experimentan cansazo e dor de cabeza tras utilizar durante varias horas algún dos sistemas que empregan estas tecnoloxías. Como punto positivo temos que o uso de castos ou lentes pesadas pasou á historia para poder experimentar de imaxes tridimensionais, o que xa supón un avance significativo na difusión desta tecnoloxía que está a ser apoiada de xeito significativo por Sony, que pretende aproveitar o binomio PS3 + Blu-ray para popularizar as 3D no audiovisual.
Presentación do novo panel LCD
LG presenta un panel 3D Full HD de alto brillo
Compartir Este Artigo
