Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Intel presenta un xogo para adestrar ós futuros xerentes de informática das empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Intel presenta un xogo para adestrar ós futuros xerentes de informática das empresas

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/05/2007
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

intel_xogo.jpgPara os negocios tamén fai falta adestramento, e non só no que se refire á paciencia (santa) coa que temos que aturar unha boa parte das ordes dos nosos xefes. É dicir: que en moitas ocasións non chega con ter unha boa formación e con saber moito de informática para que conten contigo –por exemplo- nunha firma como xerente de informática. Para Intel, é fundamental ter boa man para controlar orzamentos, loitar contra ataques en liña de seguridade e garantir que os computadores dos empregados van ter os programas máis axeitados para a empresa. A xuízo da multinacional, isto perfecciónase coa experiencia, e, a falta doutras oportunidades laborais previas, nada mellor que tirar proveito do virtual, concretamente do xogo IT Manager Game 2.0 (ITMG2), que vai dirixido sobre todo a estudantes de informática e a profesionais deste eido coa arela de actualizar as súas habilidades.
No xogo (no que por certo tamén se nos ensinan os métodos máis axeitados para levar a cabo un despido… como se houbese algún método axeitado, vaia), poñémonos na pel dun xerente de IT ó que se lle encomenda o seguinte gran obxectivo: conseguir que a empresa virtual na que traballa sexa máis rendible e eficaz. Estamos polo tanto perante un simulador que, como todos os xogos, que foron e serán no mercado dos videoxogos, vai de menos a máis. Ou sexa, que iremos pasando (como quen di) de regar as plantas do xefe a procurar solucións contra un ataque hacker dixirido a facerse coa información dos nosos ordenadores. O produto, para que saibamos ben cara a onde dirixir os nosos esforzos (suponse que cara a arriba, claro) achéganos unha listaxe en tempo real cos mellor clasificados do xogo onde figuran as compañías virtuais mellor engraxadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?