
Para a UNESCO, as achegas reais e virtuais de Ronsel (cunha web que é a columna do proxecto mesmo, porta de entrada e de saída da nosa cultura inmaterial, plasmada alí a través de fotos, música, vídeos, mapas ou textos) poden ser perfectamente levadas aos devanditos catro países. Dito doutro xeito: hai puntos en común. S
egundo explica Pablo Carpintero, técnico da iniciativa, o noso país está en vías de desenvolvemento, vivindo inmerso nun proceso de abandono progresivo do rural en beneficio das cidades, situación que tamén se vive nestes países, igualmente ligados a esquemas demográficos e económicos non urbanos. E prosegue: “É o caso dos beduínos do Líbano, que viven aínda a súa vida tradicional pero comezan a deixala atrás e marchar cara ás cidades, polo que ese patrimonio precisa ser protexido”. O positivo de Ronsel, engaden os seus responsables, é que unha proposta que mantén vivo o proceso de transmisión do noso coñecemento, apoiado en boa medida en procesos innovadores como a dixitalización e a promoción a través da Rede e presentando un compoñente e un enfoque científicos que vén dado en boa medida pola concorrencia e o respaldo das universidades. Para Pablo Carpintero, a páxina web de Ronsel é un xeito de inverter o teoricamente negativo para o coñecemento e o patrimonio inmaterial, a Rede, e convertelo na súa aliada. “Trátase dunha ferramenta que emprega a globalización, que é un dos problemas que teñen os patrimonios, pero que neste caso sérvenos para protexelo”, manifesta.
Ronsel, o proxecto galego de dixitalización do patrimonio, modelo a seguir para países do Mediterráneo
Compartir Este Artigo
