A tecnoloxía do papel electrónico ten vantaxes evidentes como unha alta autonomía e a posibilidade de operar baixo condicións de alta luminosidade, aínda que carecen de cor e dunha boa velocidade de refresco (imposibilitando a reprodución de vídeo), de xeito que é difícil definir cal sería o tipo de pantalla ideal, de aí que a xente de Pixel Qi desenvolva solucións híbridas, integrando nun mesmo panel unha pantalla LCD e un pantalla de papel electrónico (aínda que cunha tecnoloxía diferente da que emprega E-Ink, que evita moitas das súas limitacións), podendo conmutar entre ambos modos de funcionamento.
Esta tecnoloxía está pensada inicialmente para o seu uso en portátiles coma o do proxecto OLPC ou os Classmate PC, pois no modo transreflectivo a pantalla funcionaría ben baixo luz natural e a lectura de textos sobre a mesma sería máis agradable á vista, sendo o máis parecido ao papel electrónico, pero continuado a ser unha pantalla LCD, que podemos ver nunha impresionante demostración en vídeo:
Pixel Qi desenvolve unha pantalla que pode operar dun xeito semellante ao papel electrónico
Compartir Este Artigo
