A partir do vindeiro día 1 de xullo, a compañía de seguros Mapfre, vai comezar a comercializar o eBike10, un seguro para motocicletas de 125 cc e cilindrada superior vinculado á instalación dun dispositivo de seguridade que lle permitirá aos seus usuarios e usuarias, reducir os índices de siniestralidade e incrementar a súa seguridade.
Os motoristas que contraten este seguro, terán a opción de instalar na súa motocicleta un dispositivo que permite localizar o vehículo en caso de accidente ou de roubo, así como identificar intentos de sabotaxe, caídas en parado ou perda de batería, mediante un aviso por SMS.
Asemade, este sistema vaille permitir aos motoristas acceder ás rutas realizadas e coñecer as súas velocidades medias, kilómetros percorridos e tipos de vía polos que circularon en todo momento.
Esta información, que só poderá ser consultada polo cliente e por Mapfre de xeito agregado, permite que o condutor ou condutora viaxe máis seguro e teña pleno coñecemento da información que mais lle interese en cada momento do percorrido.
A Axencia Española de Normalización (AENOR) garante a privacidade da localización exacta do vehículo, así como todos os aspectos relacionados co tratamento da información, o que supón unha vantaxe a maiores e unha garantía para o usuario.
O custe deste dispositivo, incluída a instalación e o mantemento, é de 150 euros o primeiro ano, e de 120 euros nos anos sucesivos; nembargantes, en función dos seus hábitos de condución, os e as motoristas que cumplan determinados requisitos “recibirán tarxetas combustible por valor equivalente ao 25 por cento, 50 por cento ou polo custe total da renovación do dispositivo, sempre que renoven a póliza”.
As previsións da compañía de seguros é que, durante os próximos 12 meses, instalen o eBike10 nas súas motocicletas un mínimo de 10.000 asegurados.
Mapfre oferta un seguro para motocicletas con dispositivo electrónico de seguridade
Compartir Este Artigo

