Trent Reznor, o líder de Nine Inch Nails, e un dos artistas que mellor coñece o mundo de Internet, máis en concreto o das redes sociais, vén de anunciar a súa decisión de “desenchufarse” destas ferramentas, nas que tiña unha importante presenza (sobre todo en Twitter) e nas que estaba rexistrado dende o seu descubrimento.
Reznor, que tiña contas abertas en practicamente tódalas páxinas deste tipo en Internet, (nas que interactuaba a pracer con tódolos usuarios), era considerado polos internautas máis entendidos como un dos “héroes da escena 3.0” por ter cortado as súas relacións coas discográficas e levar a cabo as súas propias accións de marketing e vendas vía web, do redor de distintas comunidades virtuais, tales como a súa Comunidade De Fans.
Agora, segundo vén de anunciar no foro dos Nine Inck Nails, “está decidido a vivir como un ermitaño dixital e non volver a actuar con outros usuarios ata que o staff permita bloquear certas persoas”.
A súa conta de Twitter tan só lle servirá, dende agora, para publicar novas relacionadas coa súa banda e colgar contidos de interese para os seus fans, mais non volverá, segundo anunciou, “a conectarse a elas como o viña facendo ata agora”.
O artista, que emitiu o comunicado nun ton contundente, dixo ter un negocio que atender na vida real e que os “trolls”, “esas persoas indesexables que andan a molestar pola Rede” lle causaban “máis dano que beneficio ao final do día”.
Trent Reznor abandona as redes sociais
Compartir Este Artigo

