Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Barco de Valdeorras e Tenerife, conectados por videoconferencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Barco de Valdeorras e Tenerife, conectados por videoconferencia

Raquel Noya
Publicado: 16/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Videoconferencia.jpgA Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia (RTC) fixo posible que a gran maioría dos alumnos de 1º e 2º de ESO do CEIP Julio Guirriarán do Barco de Valdeorras, visitaran por primeira vez o parque temático de Tenerife, o Loro Parque, mais iso sí, de xeito virtual, a través de videoconferencia.
A experiencia tivo lugar hoxe ás 11:00 horas no Telecentro de Comunicación (TC) do Barco de Valdeorras, ubicado no segundo andar da Casa do Concello, e posibilitou que, por primeira vez, os nenos deste colexio traballaran de xeito virtual e interactivo cos responsables dun dos zoolóxicos con máis sona de España, os cales lles amosaron algún dos animais cos que contan no recinto así como a súa área estrela: o acuario.
O Loro Parque de Tenerife alberga a colección de loros máis importante do mundo que supera as 300 especies, un extraordinario espectáculo de leóns mariños, así como de delfíns e loros, un acuario con Túnel de Tiburóns, gorilas, chimpancés, tigres, caimáns, tartarugas, a Casa de Orquídeas, o cine ”NaturaVision” e o maior pingüinario do mundo con reprodución do clima Antártico no que caen 12 toneladas de neve por día.
Unha vez máis, a Rede de Telecentros de Comunicación (RTC), a través do seu proxecto Comunícate, fixo desaparecer por un intre as distancias que hai entre Galicia e Tenerife, a través da videoconferencia, unha das grandes ferramentas que ofrecen estas aulas de uso público. A través da campaña Comunícate, os responsables da Rede de Telecentros de Comunicación buscan que estas ferramentas se incorporen como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía e que se constitúan en focos dinamizadores de acceso ás novas tecnoloxías, co fin de crear unha comunidade virtual que fomente a autoxeración de actividades por parte dos usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?