Nos últimos días apareceron na web imaxes dunha consola Xbox 360 Arcade xaponesa que en vez de incorporar unha memoria Flash integrada en placa de 256 Mbytes como vén a ser habitual, incluía unha de 512 Mbytes, polo que mellora a capacidade da consola para o almacenamento de partidas e outros detalles dos perfís de usuario da consola.
Finalmente Microsoft confirmou a veracidade desta información, asegurando que a integración de 512 Mb en placa vai converterse no estándar da Xbox 360 Arcade, o que agradecerán os usuarios que non queiran facer o desembolso necesario para adquirir un disco duro para esta consola (ou que non vaian facer uso do mesmo por non conectar a consola a Xbox LIVE).
A Xbox 360 Arcade dobra a capacidade da súa memoria interna
Compartir Este Artigo
