Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudo de Caixanova advirte da escasa internacionalización das empresas TIC galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudo de Caixanova advirte da escasa internacionalización das empresas TIC galegas

Raquel Noya
Publicado: 19/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

2009-06-18-_Presentacion_revista_Foro_Tics1-2.jpg“As empresas tecnolóxicas galegas están excesivamente centradas no mercado local e teñen unha insuficiente orientación ao crecemento en novos mercados xeográficos, polo que deberían desenvolver estratexias para fomentar os procesos de internacionalización e a presenza no mercado global”. Así de rotunda e directa é unha das conclusións extraídas do último traballo publicado por Caixanova no marco do seu Foro de Estratexias Empresariais, co que dou por concuída a serie de estudos que analizaron as 17 principais cadeas de actividade da economía galega.
Esta publicación é unha síntese dos informes elaborados polo equipo de investigadores da Universidade de Vigo tras diversas enquisas, entrevistas e reunións mantidas cos principais axentes do sector.
Nas sesións de traballo participaron tanto representantes das actividades principais (fabricación e ensamblaxe de hardware e equipos informáticos; instalación, soporte e mantemento de equipos informáticos; implantación, integración, soporte e mantemento de aplicacións informáticas; fabricación de equipos de telecomunicacións; provedores de servizos e operadores de redes de telecomunicacións; instalación, soporte e mantemento de comunicacións e redes; captación, procesamento e almacenamento de datos; deseño de websites e portais, elaboración de contidos para Internet, consultoría e formación especializada en TICs), como das actividades de apoio e equipamento.
En resumidas contas, este informe, que pretende constituirse como “unha guía de traballo” para aquelas entidades e institucións (públicas e privadas) comprometidas coa competitividade dos sectores produtivos galegos, afirma que “existe un peso excesivo do mercado local e autonómico e unha orientación insuficiente ao crecemento nos novos mercados xeográficos entre as empresas TIC, que se pode salvar apostando polo desenvolvemento de novas canles de comercialización asociadas ás novas tecnoloxías”.
O informe tamén da conta da existencia de programas públicos orientados a incentivar, apoiar e promover o crecemento das actividades relacionadas coas TIC, que dinamicen o mercado no ámbito doméstico e empresarial, tales como subvencións, axudas directas ao tecido empresarial, plans de sensibilización…
Neste senso, as accións que os responsables do estudo propoñen para impulsar a economía das empresas galegas son, entre outras, “promover un maior grao de especialización de actividades entre as empresas TIC, xerar nas actividades TIC das empresas galegas unha maior sensibilización sobre o proceso de internalización e presenza no mercado global, potenciar a cultura da innovación no ámbito das novas tecnoloxías e apoiar economicamente os proxectos empresariais innovadores relacionados coas novas tecnoloxías”.
Tanto o informe técnico básico como a propia revista están dispoñibles para a súa consulta na web do Instituto de Desenvolvemento Caixanova.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?