Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: aCentral Folque remodela o seu escenario en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

aCentral Folque remodela o seu escenario en liña

Redacción
Publicado: 22/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

folque_nova_web.jpgO Centro Galego de Música Popular (aCentral Folque) vén de presentar en público a súa nova sede de operacións na Web. O novo espazo, dado a coñecer no Pazo de Raxoi en Compostela, ten moito de casa reconstruída na procura dun escenario máis útil, máis informativo e máis aberto. Dito doutro maneira: a nova páxina de Folque ten máis xente dentro, máis xanelas e portas e máis estancias para o desenvolvemento de obradoiros. A web foi presentada en todos os seus detalles por Mauro Sanín (Folque), Denis Mariño (da firma Acordar, responsable dos traballos) Socorro García, concelleira de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago. Tras de si, o Centro deixa tres versións diferentes do mesmo espazo en liña adaptadas ás circunstancias e demandas de cada intre, o que nos dá como resultado un proxecto musical, xurdido en Lalín en 2002, especialmente activo e atento aos xiros de rumbo da Rede mesma. No alicerce desta cuarta versión que se presentou hoxe latexa un interese por ofrecer máis e mellor información sobre a actualidade da música galega en xeral e sobre as actividades do Centro de maneira máis específica.
A web, que segundo os seus responsables achega agora unha imaxe acorde coa impronta actual da Central, ofrece todos os datos posibles sobre o Centro Galego de Música Popular: dende o apartado aCentral, os usuarios poden afondar no espírito da iniciativa mesma, coñecer o seu equipo de produción e contactar co mesmo. Asemade, baixo o epígrafe Ensino, ofrécese toda a información relativa aos centros de estudos xestionados polo colectivo: planos de estudos, equipos docentes e información para a matrícula de aCentral Folque Compostela e da Aula Folque Infantil de Pontevedra. No que respecta aos seus aspectos máis técnicos, sinalar que a nova versión do espazo en liña emprega código aberto por php, o que lle achega a calquera programador a opción de coñecer os miolos da páxina mesma e desenvolver e enriquecer o proxecto no futuro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?