Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Urbanismo en Rede fai a súa parada obrigada en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Urbanismo en Rede fai a súa parada obrigada en Vigo

Raquel Noya
Publicado: 23/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Vigo_026.jpgA Coruña, Abegondo, Lugo e agora tamén Vigo, son as localidades galegas que, na súa teima por introducirse de cheo na Sociedade da Información e poñer a disposición dos seus veciños e veciñas todo tipo de ferramentas tecnolóxicas que faciliten a comunicación coa administración local, adheríronse xa ao programa Urbanismo en Rede, dos Ministerios de Industria e Vivenda.
A última destas cidades en incorporarse á iniciativa, Vigo, fíxoo esta mesma mañá, da man de Delfín Fernández Álvarez, subdelegado de Goberno en Pontevedra, María Fernández Rancaño, xerente de Administración Electrónica de red.es e Julia Chamosa Martín, xerente de Urbanismo do Concello de Vigo, os cales, entre outros representantes de entidades relacionadas coa xestión urbanística de Galicia, presentaron o Programa Urbanismo en red perante os alí presentes.
Durante a xornada, tamén participou Oscar Luís Peña Sánchez, xefe de Planeamento da Área de Urbanismo do Concello de A Coruña, quen explicou a experiencia do seu municipio como un dos primeiros en poñer en marcha o programa.
Urbanismo en rede é froito dun convenio marco entre os Ministerios de Industria e de Vivenda para a incorporación das TIC no ámbito urbanístico municipal con un triple obxectivo: dar resposta a unha demanda social de transparencia (mediante a publicación por Internet dos plans urbanísticos), fomentar a interoperatibilidade entre administracións (a través de servizos web) e mellorar a eficiencia na xestión introducindo ferramentas que faciliten a operativa dos técnicos municipais.
A iniciativa, que prevé un investimento de 57 millóns de euros para o periodo 2009-2012, permite que os cidadáns poidan consultar a información urbanística da súa cidade de maneira doada, rápida e intuitiva, a través de Internet. Por outra parte, permítelle aos concellos ofrecer información actualizada do planeamento urbanístico vixente en cada momento, así como levar a cabo a vectorización e sistematización do planeamento urbanístico, a posta en marcha do equipamento e as aplicacións informáticas que dan soporte á explotación e visualización da información e a capacitación dos técnicos municipais.

Vantaxes para os cidadáns
Grazas a esta nova ferramenta, os vigueses poderán obter información urbanística de forma inmediata e personalizada a través da páxina web do Concello. A nova aplicación permite acceder á información de dúas maneiras: facendo clic directamente sobre o mapa na zona que desexen ou introducindo datos concretos referidos ao planeamento do seu interese: distrito postal, referencia catastral, código urbanístico, coordenadas físicas ou o nome da zona a consultar.
A web mostraralle ao usuario todos os niveis de información dispoñibles sobre a parcela ou área do seu interese: clasificación, categorías do planeamento e calificación do chan, e permitiralle descargar a ficha urbanística completa.
Asemade, a información compleméntase con outros datos de grande utilidade como a información catastral e novas funcionalidades que se irán engadindo paseniñamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?