Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Yoigo mellora as tarifas de roaming establecidas pola UE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Yoigo mellora as tarifas de roaming establecidas pola UE

Raquel Noya
Publicado: 23/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

roaming-2.jpgYoigo, o cuarto operador de telefonía móbil de España, vén de anunciar a rebaixa dos seus prezos para chamadas, navegación por Internet e SMS realizadas en roaming dentros dos países da Unión Europea e asociados.
Deste xeito, a partir do vindeiro día 1 de xullo, chamar en roaming dentro dos devanditos territorios custará con Yoigo 31 céntimos por minuto (35,96 céntimos/minuto IVA incluído).
No primeiro minuto de conversación, aos 31 céntimos hai que engadirlles o prezo de establecemento de chamada, que é de 12 céntimos (13,92 céntimos IVE incluído), polo que o primeiro minuto completo axustaríase aos 43 céntimos/minuto que fixa a Comisión Europea. A partir de aí, o minuto custa 31 céntimos, o que supón un 28 por cento menos que o prezo máximo marcado pola CE.

Rebaixa dun 66 por cento na navegación por Internet
Por outra banda, Yoigo vén de baixar os seus prezos de navegación por Internet en roaming dentro dos países da UE e asociados nun 66 por cento. O prezo descende dos 0,009 euros/KB actuais (0,01044 euros IVE incluído) a 0,003 euros/KB (0,00348 euros IVE incluído) a partir do vindeiro 1 de xullo.
O obxectivo é, segundo anunciou o conselleiro delegado de Yoigo, “que sair de viaxe e estar conectado sexa compatible”.
En canto ao resto de prezos para roaming na Unión Europea e países asociados, o prezo dos SMS queda en 11 céntimos (12,76 IVE incluído), e no dos MMS mantense en 90 céntimos (1,044 euros IVE incluído).
Estas tarifas entrarán en vigor a partir do vindeiro día 1 de xullo de xeito automático e sen que o cliente teña que darse de alta. Yoigo vai informarlle aos seus usuarios a través dun SMS, indicando a data de comezo da aplicación das tarifas e facilitará toda a información relativa a esta iniciativa na súa páxina web e no teléfono gratuíto 633 800 800.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?