Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MySpace amosa no Campus de Ourense as súas posibilidades para a promoción musical
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MySpace amosa no Campus de Ourense as súas posibilidades para a promoción musical

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/06/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Borja Prieto e Enrique Barreiro durante o encontro no Edificio Politécnico
Borja Prieto e Enrique Barreiro durante o encontro no Edificio Politécnico
A Rede anda revolucionada, e unha boa parte da culpa tena esta tendencia xeneralizada a permitir que non só as empresas e institucións lle dean forma e fondo, senón tamén (e sobre todo) os propios internautas. A cousa comezou como calquera estratexia social de negocio (iso de faino ti mesmo), e probablemente nunca deixe de selo, pero en ocasións colle tal feitura de colaboración entre unha empresa que lanza un servizo e os usuarios do mesmo que case se podería dicir que son estes os que teñen as rendas da situación. Non sabemos se MySpace chegará algún día a este punto, pero polo de agora xa se pode certificar que unha boa parte dos internautas que ten inscritos están satisfeitos co que alí se lles ofrece, de balde e con abonda liberdade de acción.
O tema dá para un bo rato, e buscarlle o miolo foi o gran obxectivo de Borja Prieto, director de contidos en España de MySpace, quen estivo esta semana na ESEI da Universidade de Vigo para amosar as vantaxes do servizo como ferramenta axeitada para a comunicación e a autopromoción. A cita foi no Edificio Politécnico de Ourense, e contou coa presenza de Enrique Barreiro, director da ESEI.
En boa medida, o encontro coas alumnas e alumnos xirou arredor da cuestión musical e de como agora que todo o coñecido falla (o negocio discográfico de toda a vida cunha boa parte dos selos non querendo ou non podendo adaptarse ás novas demandas dos que xa non queren pagar 20 euros por un CD), probablemente sexa o intre máis idóneo de botar man de MySpace, Facebook ou Tuenti, as redes sociais de máis repercusión en España. Con todo, e como era do máis normal, Prieto non tirou pedras contra o seu tellado e louvou a traxectoria de MySpace como nicho da promoción musical: dende os comezos ata o día de hoxe. Sen ir máis lonxe, esta rede social 2.0 ben podería definirse (sinalou) como un espazo para o lecer social, un escaparate e un crisol de culturas.
Por certo que no acto tamén participou o propio promotor do mesmo e de outros que van seguir en breve nunha liña semellante, Abel Estévez, da Asociación Cultural Taller de Música, para quen MySpace non só representa unha canle accesible de marketing, senón que tamén desprega ao 100% a idea da autoxestión. Ao seu xuízo, unha rede social como esta da que estamos a falar non amosa atrancos de escenas nin de contidos nin de estilos, sendo a única limitación existente a que dispoña cada un sobre si mesmo e o seu recanto en MySpace.
Como exemplo de éxito a través de MySpace déronse a coñecer algúns nomes de grupos que empregaron o servizo como palestra e, o que case é máis importante, seguen a empregalo como canle de comunicación cos seus seareiros: Porta, Vetusta Moral ou Russian Red. “É incrible pensar que calquera pode colgar unha canción e que esta poida ser escoitada por miles de persoas”, comentou Prieto, ao que engadiu que “o poder está na xente e a onde chegues depende de como saibas empregar as ferramentas das que dispós e, por suposto, ter algo de talento”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?