Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O diccionario en liña e-Estraviz incorpora melloras gráficas e arredor de 30.000 novas entradas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O diccionario en liña e-Estraviz incorpora melloras gráficas e arredor de 30.000 novas entradas

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

230609_estraviz.jpgO diccionario galego en liña e-Estraviz vén de ser obxecto dunha serie de melloras encamiñadas tanto a reforzar a forma (cunha interface gráfica máis acorde cos novos tempos, de meirande pegada visual) coma o contido (medres importantes na base de datos). Segundo informan os propios responsables da ferramenta (un equipo de arredor de 15 persoas), os traballos de actualización xa recibiron o visto bo do profesor Isaac Alonso Estraviz, director dunha iniciativa que, malia os cambios, segue a respectar o coñecido modelo de recurso lexicográfico aberto para todos as/os usuarias/os (é de libre acceso) e para todas as preferencias normativas. O novo e-Estraviz constitúe polo tanto unha reordenación dos servizos principais que pon a disposición da comunidade en liña: definições, fraseologia, sinónimos, antónimos, variantes, nomes científicos e máis etimologia.
No que respecta ao fondo mesmo da ferramenta, o miolo, cómpre salientar un medre no seu banco de datos, con arredor de 30.000 novas entradas, o que dá como resultado un total de 121.505, cifra que lonxe de estabilizarse, promete seguir incrementándose en parte grazas ao traballo lexicográfico dirixido polo mestre Estraviz e en parte grazas á porta que o diccionario deixa aberta as 24 horas do día para a participación allea.
Amais do devandito, tamén é preciso destacar as novas ferramentas postas a disposición dos internautas, como por exemplo os botóns de navegadores, o plug-in OpenSearch ou a caixa de pesquisa dinámica compatible con case calquera web.
O labor de remodelación chegou tamén ao motor do propio servizo, incorporándose un meirande alcance lexicográfico das procuras con todo tipo de achegas complementarias: suxestións automáticas, recoñecemento de plurais e femininos e posibilidade de facer buscas con ortografía ILG-RAG, alén do padrón portugués e mesmo xa de algunha das novidades do Acordo Ortográfico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?