Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acolle ata o venres un congreso TIC con 250 especialistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago acolle ata o venres un congreso TIC con 250 especialistas

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/06/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Foto de Santi Alvite do público asistente á xuntanza na Facultade de Medicina da USC
Foto de Santi Alvite do público asistente á xuntanza na Facultade de Medicina da USC
Tal e como anunciamos hai un tempo, Santiago no mes de xuño, amais de centro turístico de primeira orde, ía camiño de converterse tamén en lugar de encontro dos máis prestixiosos tecnólogos da contorna. Segundo informa a Universidade de Santiago, este novo traxe que se pon a capital galega non lle vén nin un chisco grande, e disto xa se están a rexistrar probas abondas: a xuntanza internacional celebrada estes días sobre neurociencia e computación foi todo un éxito, sendo semellante o camiño que vai trazando o congreso anual da asociación European University Information Systems (EUNIS) que reúne na cidade a máis de 250 especialistas. O encontro, que fica aberto ata o 26 na Facultade de Medicina, pasa por ser o de maior repercusión a nivel europeo no eido da investigación nas novas tecnoloxías do coñecemento. O seu obxectivo é ser un punto de intercambio das experiencias máis salientables das novas ferramentas no eido da educación superior.
A xuntanza está organizada pola USC e entre os seus participantes atópase unha boa parte dos responsables dos departamentos TIC das universidades europeas (preto de 28 países representados). Asemade, tamén están a concorrer na xuntanza investigadores de Estados Unidos, Perú, Australia e Israel.
O encontro, que foi inaugurado este mércores polo reitor Senén Barro, contou na sesión de apertura coa presenza do presidente de EUNIS, Jean-Francois Desnos, e máis da secretaria do Consello de Universidades, Carmen Fenoll. Asemade, tamén interviñeron na sesión de hoxe representantes da Comisión Europea, como por exemplo Franco Accordino, representante da Dirección Xeral da Sociedade da Información, para quen está claro que a UE do futuro terá nas infraestruturas dixitais (arestora en desenvolvemento) algo máis que un novo formato de comunicación: será en boa medida coma se a comunicación volvese nacer. Neste senso, as novas canles tecnolóxicas serán o espazo por excelencia no que se asente e erga a Europa do coñecemento.
Polo que respecta ás sesións plenarias incluídas no programa, o congreso contará os vindeiros días con relatores como o vicepresidente de Educause e fundador de Ecar en Estados Unidos, o director do Centro de Supercomputación de Edimburgo, ou Louis Pouzin, un dos pioneiros dos protocolos de Internet. Xunto eles, tamén figuran Andreu Vea, pioneiro de Internet e impulsor do proxecto Who is who in the Internet ou Miguel Álvarez, representante do proxecto europeo Stork, que persegue a estandarización dun sistema que posibilite a validación das credenciais dos usuarios a nivel europeo.
Segundo conta a Universidade de Santiago, entre as experiencias que se poderán coñecer de primeira man ao longo destes días en Compostela cómpre salientar os ligados ao emprego das redes sociais 2.0 no eido da Universidade, ferramentas de gravación de contidos multimedia de apoio á docencia, aplicacións semánticas de busca na web, arquitecturas de novos sistemas integrados de información ou xogos virtuais de negocio e outros aplicados á docencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?