Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro de Dinamización de Moaña dá conta das actividades que levará a cabo este verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro de Dinamización de Moaña dá conta das actividades que levará a cabo este verán

Raquel Noya
Publicado: 24/06/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

moana_xullo.jpgA Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Moaña, vén de dar conta das actividades que vai levar a cabo durante o vindeiro mes de xullo no Centro de Dinamización da localidade, ao mando do cal se atopa a dinamizadora, Ana Pérez Martínez.
Os obradoiros que se van desenvolver son os seguintes:
-Creación dunha conta correo electrónico: esta actividade ten como principal obxectivo que as persoas asistentes sexan quen de crear e xestionar a súa propia conta de correo, así como de darlle utilidade e adaptala ás súas propias necesidades. Desenvolverase de luns a xoves, en dúas quendas; a primeira terá lugar do 13 ao 16 de xullo, en horario de 9:00 a 11:00 horas, e a 2ª celebrarase do 27 ao 30 de xullo no mesmo horario.
-Iniciación á Informática: a finalidade desta actividade é que os usuarios e usuarias aprendan a manexar o ordenador con certa soltura e se adentren paseniñamente nas novas tecnoloxías. Terá lugar do 6 ao 10 de xullo en horario de 9:00 a 11:00 horas.
-Procura de información por Internet: con esta actividade preténdese que os e as asistentes sexan quen de manexar o buscador máis popular en Internet e de optimizar as súas procuras para que os resultados sexan mellores e máis fiables. Tamén se desenvolverá en dúas quendas: a 1ª dende o día 1 ao 3 de xullo, en horario de 9:00 a 11:00 horas e a 2ª de luns a xoves, do 20 ao 23 de xullo á mesma hora.
-Edición de imaxes: GIMP: as persoas que asistan a esta actividade serán capaces, ao finalizar a mesma, de retocar as súas propias imaxes dixitais, así como de levar a cabo calquera tipo de tarefa para axeitala ás características desexadas e poder imprimilas ou arquivalas onde se desexe. Este obradoiro terá lugar os martes e xoves, do 7 ao 16 de xuño, en horario de 11:15 a 13:15 horas.
Asemade, está revista a realización do coloquio, O que Internet pode facer por ti: Programa as túas vacacións, no que se dará conta de como facer reservas de avión, buscar hotel, alugar coche…a través de Intenet, así como consultar o tempo ou buscar destinos para visitar.
Esta actividade terá lugar o vindeiro día 17 de xullo ás 10:30 horas.
O prazo de inscrición para estas actividades, que se desenvolverán de balde para os veciños e veciñas da zona, estará aberto do 25 ao 30 de xuño.
As persoas que desexen inscribirse ou solicitar máis información sobre estas e outras actividades, poden dirixirse ao Centro de Dinamización do Concello de Moaña, sito na R/ Donato Bernardez Sotelo nº 6, local G, ou chamar ao teléfono 986.314.997. Tamén poden mandar un correo electrónico ao enderezo anamaria.moana@dinamiza.sociedadedainformacion.eu., quen atenderá persoalmente as peticións dos usuarios interesados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?