Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En liña e accesible o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En liña e accesible o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

arquivo_sonoro_galiza.jpgO Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade xa está na Rede. Segundo informa Vieiros hoxe, Santiago, e máis polo miúdo o Museo do Polo Galego, acolle este serán a posta en longo de toda a información dispoñible sobre o recurso, que entre outras cousas supón un exemplo de alianza de contrarios: o noso pasado, particular en todos os seus detalles, e a canle dixital, espazo nun principio ao servizo do xenérico. O traballo de envorque do dito Arquivo á Rede, onde de maneira paradoxal a Galiza que vai esmorecendo ten firmes apoios para a divulgación, tivo o seu xermolo en Sons e Voces da Identidade, proxecto que como o seu propio nome indica documenta e preserva a través da vía das novas tecnoloxías, o noso patrimonio inmaterial, concretamente o do Instituto de Estudos das Identidades do propio museo.
Entre o abondoso material sonoro a tratar atopábanse, por exemplo, as máis de cincocentas fitas magnéticas rexistradas polo equipo dirixido por Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, unha boa parte das cales proceden de conversas con informantes do rural levadas a cabo ao longo de varias décadas.
Segundo se sinala na propia web do Arquivo (que permite facer buscas dos documentos sonoros de xeito doado e completo, incluíndo datos como o autor, temática, data ou recompilador), tras do traballo que fica agora á disposición da sociedade galega en liña hai un máis que laborioso proceso de busca, tratamento dos rexistros, transcrición e posta en marcha dunha gran base de datos.
Por certo que o material dixitalizado e envorcado na Internet é público, accesible e participativo (aberto a achegas da comunidade internauta e informando polo miúdo delas e da súa procedencia).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?