Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha luva de control e unha boia luminosa gañan os VII Premios Galicia Innovación Junior
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha luva de control e unha boia luminosa gañan os VII Premios Galicia Innovación Junior

Redacción
Publicado: 25/06/2009
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

O director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla Puello, presidiu o acto de entrega do VII Premio Galicia Innovación Júnior
O director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla Puello, presidiu o acto de entrega do VII Premio Galicia Innovación Júnior
Unha luva para o control de ordenadores cos movementos da man e máis unha boia con sinais luminosas e sonoras son os inventos gañadores da VII edición dos Premios Galicia Innovación Júnior, convocados anualmente pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia. Pablo Dobarro, do IES Rosalía de Castro, gañou o primeiro premio na categoría de 12 a 15 anos, mentres que Laura Naveiras e Sara Mera, do IES Agra do Orzán da Coruña, conseguiron o mesmo recoñecemento na categoría de 16 a 18 anos. A entrega de galardóns tivo lugar esta mañá na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña e estivo presidida polo director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla Pueyo, e polo reitor da UDC, José María Barja, ademais de contar coa participación da vicerreitora de Investigación da UDC, Concepción Herrero López.
A Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria convoca este galardón coa intención de espertar nos rapaces e nas rapazas o espírito creativo e capacidade innovadora. Para concursar, o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato pode presentar, individualmente ou en equipos de ata tres persoas, ideas de novos produtos ou servizos ou formas diferentes de producir algo xa existente. Do total de traballos presentados, que nesta edición foi de 168, seleccionáronse como finalistas oito de cada categoría, entre os que se conceden un primeiro premio, un segundo premio e seis accésits.
Pablo Dobarro, gañador na categoría de 12 a 15 anos, recibiu un ordenador portátil e un lote de material divulgativo, mentres que Laura Naveiras e Sara Mera, ao participar en equipo, recibiu cadanseu mini-portatil así coma libros de divulgación científica. Os segundos clasificados e os demais finalistas recibiron igualmente material informático e electrónico, sen que ningún participante marchase coas mans baleiras.
Ao rematar o acto de entrega, os mozos e mozas achegáronse un pouco máis á ciencia e á innovación cunha visita aos laboratorios do Servizo de Apoio á Investigación (SAI) da Universidade da Coruña (UDC) e a empresas do viveiro da UDC.

Handtracking e enxizador automático

Pablo Dobarro acadou o primeiro posto da categoría de 12 a 15 anos grazas ao seu Handtracking, un sistema de control de ordenadores e videoconsolas mediante o movemento e a posición espacial dunha man. O sistema destaca por ser sinxelo no manexo e permitir, porén, unha gran variedade de funcións. Aínda que existen sistemas profesionais con estas características, o seu custo é elevado e non están ao alcance da meirande parte dos usuarios.
O sistema consta dunha unidade central e dunha luva. Para o desenvolvemento da unidade central, Pablo Dobarro baseouse no funcionamento do mando da consola Wii de Nintendo. Deseñou así unha caixa de madeira na que se integran este mando, un espello e uns leds. Co bluetooth, estes datos chegan ao ordenador e mediante un software determinado, tradúcense en ordes para o desprazamento do rato, clicks, teclas, etc.
O segundo premio correspondeu a Pablo Paz Olivares, alumno do IES Val do Tea de Ponteareas (Pontevedra), grazas ao deseño dun enxizador automático para tacos de billar. O invento consta de dous compartimentos diferenciados. No traseiro estaría o xiz e o mecanismo que automatiza o proceso de enxizar, e na parte dianteira, deseñado en forma de V ou de embudo, de maneira que o usuario ao introducir o taco atine directamente co lugar no que está o xiz, inclúe un pequeno caixón extraíble para recoller os restos de xiz.

Indicador acuático asonoro e luminoso

Na categoría de 16 a 18 anos, o grupo formado por Laura Naveiras e Sara Mera acadou o primeiro premio grazas ao “Waterlight”, un indicador acuático con sinais luminosas e de radiofrecuencia que substitúe as boias tradicionais. A particularidade desta boia é que se activa mediante un sistema automatizado que non precisa da man do home para a súa posta en marcha.
No Waterlight tamén cambia a disposición dos elementos da boia: mentres que o habitual é poñer a batería e a radiobaliza na parte superior da boia para activala, neste invento os dous elementos, ao ir mergullados, están situados na parte inferior, dentro dun armazón hermético. A batería e a radiobaliza están conectados coa lámpada e máis coa antena que emiten os sinais. Como medida de aforro de enerxía, en ambos casos os sinais son intermitentes e, no caso das luminosas, soamente se activan cando non hai luz.
Iván Aguión, Radu Adrián Dumitru e Borja Sanmiguel, do IES Universidade Laboral de Ourense, son os gañadores do segundo premio nesta categoría, recoñecemento que acadaron grazas ao seu detector de metais para fornos microondas. Neste invento, un sistema magnético colocado na porta do forno detecta que se están a introducir obxectos metálicos e avisa mediante o acendido dunha luz led.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?