Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Wi-Fi de balde para Cidade de Deus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Wi-Fi de balde para Cidade de Deus

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A favela de Río vista no espazo de Hooked on Monix no Flickr
A favela de Río vista no espazo de Hooked on Monix no Flickr
A Rede de acceso integral e libre non vai ser a solución a todos os problemas de violencia que ten Cidade de Deus, unha das favelas máis coñecidas de Río (en parte grazas ao filme de Fernando Meirelles e en parte por ser un dos espazos menos favorecidos social e economicamente do país), pero pode que contribúa a pór a primeira pedra dun incremento na calidade de vida dos seus veciños ou, polo menos, dun máis completo abano de posibilidades para os mozos e mozas da zona. Segundo se conta en webs como Lavidawifi, o Goberno do Estado de Río vén de poñer en marcha un programa de divulgación e promoción do acceso á Sociedade do Coñecemento que, entre outras cousas, inclúe a incorporación dunha infraestrutura de Wi-Fi gratuíto a partir deste mes na devandita favela.
A iniciativa, que conta coa participación da multinacional Motorola, apóiase nos mesmos tres alicerces que impulsaron previamente a dinamización dixital de outras zonas da cidade: Rede de balde para tentar frear a falta de oportunidades que leva á marxinación, achega de servizos xerais para a comunidade e acceso Wi-Fi para apoiar a rendibilidade e competitividade dos pequenos empresarios do barrio.
A proposta, nun sentido máis xenérico, xorde coa finalidade de empregar a Rede como porta de entrada para outro vieiro de vida diferente do que subministran as mafias para a xente nova. Asemade, preténdese universalizar o servizo de Internet, que para o Goberno brasileiro e dos seus distintos estados semella ser dende hai tempo un firme compromiso (así o evidencia, por exemplo, a aposta polo software libre a todos os niveis). Segundo se conta na Internet, o deseño e a posta en marcha da rede púxose en marcha grazas a Motorola a través do seu socio no país irmán, Mibra Engenharia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?