Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A imaxe do seareiro adolescente de Megan Fox, novo fenómeno na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A imaxe do seareiro adolescente de Megan Fox, novo fenómeno na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

meganylarosaamarilla.jpgUnha imaxe sempre é unha imaxe: un xeito de relatar ou comunicar algo complexo de xeito sinxelo, ou viceversa. Con todo, a Rede semella que amplía o seu significado e repercusión, en boa medida porque se multiplican ata o inimaxinable as persoas que teñen acceso a unha fotografía concreta e os contextos diferentes ao orixinal nos que pode ir xurdindo. En consecuencia: se unha imaxe é curiosa, non só parecerá selo máis do que é, senón que haberá máis xente que o recorde. Asemade, non haberá detalle que fique sen peteirar. Isto máis ou menos é o que vén de acontecer cunha instantánea feita hai uns días á actriz Megan Fox (de actualidade pola estrea da segunda entrega da saga Transformers), unha foto que a primeira vista non semella nada do outro mundo pero que coa axuda da comunidade internauta parece achegar máis chicha. Para comezar: a actriz non é realmente a protagonista da imaxe, senón o neno que lle tende unha flor sen obter resposta.
A foto está a ter repercusión na Rede e a través da Rede por dúas grandes razóns. Primeira: todo o mundo semella estar solidarizándose co rapaz, por moito que Megan Fox dixera que co rebumbio da contorna nin sequera reparou nel. E segunda: Facebook foi, días despois da foto e tras moito espremer os miolos, a canle que se empregou a instancias da casa Kodak para localizar ao neno da rosa.
Por certo que Kodak, tan ilusionada se viu coa imaxe, chegou a ofrecer 5.000 dólares a quen puidera identificar ao seareiro. Segundo contan en canles como CanalTCM, o departamento de marketing foi en boa medida culpable de todo o balbordo, logo de atopar na devandita fotografía un potencial de imaxe do ano como non se vira dende hai tempo. Co fin de dar co neno, puxeron unha conta de correo, yellowroseboy@gmail.com, para recibir as respostas. Resultado: unha muller atopou ao neno no sitio onde semella que se reúnen a día de hoxe a gran maioría dos adolescentes do mundo: ese banco do parque colectivo e descomunal chamado Facebook. A historia de Megan Fox e o rapaz en cuestión, que é británico e se chama Harvii, promete converterse nun deses fenómenos en liña que xiran arredor dunha imaxe máis ou menos curiosa para ir derivando nunha chea de variacións sobre o mesmo tempo. Polo de agora xa se están a rastrexar unha chea de achegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?