Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Betanzos quenta motores para comezar os cursos de formación TIC, no verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Betanzos quenta motores para comezar os cursos de formación TIC, no verán

Raquel Noya
Publicado: 26/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Centro_de_Betanzos.jpgUnha vez máis, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, na súa teima por achegarlle as novas tecnoloxías a toda a sociedade galega e rematar dunha vez por todas coa fenda dixital existente no medio rural e en torno a determinados grupos sociais (anciáns, mulleres…), vén de anunciar a súa programación de actividades para o vindeiro mes de xullo no Concello de Betanzos, aproveitando que os nenos e nenas están de vacacións e teñen máis tempo para adentrarse no inquedante mundo das novas tecnoloxías.
Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:
-Mecanografía para nenos/as: aprender a manexar con soltura o teclado é a finalidade deste obradoiro. Os días 1, 2, 3, 6, 7, 8, 9 e 10 de xullo de 10 a 11:15.
-Búsqueda de emprego a través da Internet: con esta actividade preténdese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa capaz de identificar as ferramentas necesarias para elaborar un currículo e promocionalo pola Internet. Desenvolverase os días 1, 2, 3, 6, 7, 8, 9, 10 de 11:30 a 13 horas.
-Creación de blogs: o usuario/a será capaz ao finalizar este obradoiro de crear e manter o seu propio blog. Os días 13, 14, 15 e 16 de 9:30 a 11.
-Alfabetización dixital: Informática e Internet: aprender a manexar de forma básica un computador, así como acceder a Internet son os obxectivos que se perseguen. Os días os días 20, 21, 22, 23, 24, 27, 28 de 9:30 a 11:30.
-Procesador de textos: Writer: o usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de crear e modificar un documento de texto empregando o OpenOffice Writer. Levarase a cabo os días 20, 21, 22, 23, 24, 27, 28 de 12 a 13:30.
Asemade, está prevista a realización da charla Prensa en Internet, que terá lugar o día 6 de xullo a partir das 15 horas. Tamén se levará a cabo a iniciativa Receitas para o verán, que ten como finalidade a creación dun recetario en liña por parte dos participantes.
O prazo de inscrición para parar participar nestas actividades está aberto dende o pasado 18 de xuño.
Para máis información, os interesados poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Betanzos, sito na rúa Emilio Romay, s/n, enviar un correo electrónico ou chamar ao teléfono 981 771 300.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?