Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O BNG denuncia a web do Instituto Cervantes por castelanizar topónimos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O BNG denuncia a web do Instituto Cervantes por castelanizar topónimos galegos

Raquel Noya
Publicado: 29/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Instituto_cervantes.jpgMellid, El Cebrero, Monte del Gozo ou Finisterre, son algúns dos topónimos que, a día de hoxe, podemos ver na páxina web do Instituto Cervantes, onde ademais, tal e como anunciaban a pasada semana no Xornal.com, son notables as faltas de ortografía cometidas no tocante aos nosos termos, tales como praza do Obradorio, referíndose á Praza do Obradoiro compostelá onde se ubica a catedral de Santiago.
No tocante a isto, o deputado do BNG no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, vén de presentar unha iniciativa na que lle demanda á Xunta de Galiza que interveña para que o Instituto Cervantes corrixa os topónimos galegos deturpados que aparecen nas súas publicacións.
En concreto, o deputado do BNG denuncia que no apartado do Centro Virtual Cervantes relacionado co Camiño de Santiago “aparecen topónimos
galegos deturpados como Mellid, El Cebrero, Finisterre ou Palas de Rey”.
Lobeira considera “intolerable que a estas alturas haxa institucións públicas que, como o Instituto Cervantes, vulneren a legalidade lingüística sen reparo algún, un feito que, aínda sendo recorrente, non pode ser asumido con naturalidade polo Goberno de Galiza”.
Neste senso, o deputado do BNG pregúntalle á Secretaría Xeral de Política Lingüística pola súa avaliación “sobre o reiterado incumprimento da legalidade toponímica referida a Galiza por parte do Instituto Cervantes”, e en consecuencia, pídelle que adopte medidas para corrixir esta situación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?