Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ourense abre as portas do seu novo Telecentro de Comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ourense abre as portas do seu novo Telecentro de Comunicación

Raquel Noya
Publicado: 29/06/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Telecentro_de_ourense.jpgA Rede de Telecentros de Comunicación, dependente da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, vén de botar man dos seus recursos (sempre dispoñibles para achegarlle as TIC a todos os galegos e galegas sen excepcións) para abrir un novo TC nos nosos lindes, e posibilitarlle aos seus veciños e veciñas a integración total na Sociedade da Información. Desta volta, a Rede fixo a súa parada no Concello de Ourense, onde, no número 44 da rúa do Progreso, vén de abrir, un novo Telecentro de Comunicación.
Ata alí poderán achegarse dende esta mesma mañá, ademais de tódolos veciños e veciñas da zona interesados nas ferramentas TIC, todo tipo de Asociacións e colectivos da comarca, que poderán usar este Telecentro de Comunicación (TC) para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo, visionado de audiovisuais, conferencias, etc… en horario de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
A Secretaría Xeral de Medios colabora co concello na dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia no TC, así como no seu mantemento tecnolóxico. Asemade, incorpora o concello á Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) para que se beneficie do traballo colaborativo en rede e da comunidade virtual da RTC.
Ademais de dotar aos Telecentros de Comunicación do equipamento axeitado, a Xunta de Galicia busca, segundo veñen de afirmar os seus responsables, “que adquiran un dinamismo”, polo que están a desenvolver proxectos que permitan aproveitar as sinerxias que xorden da administración autonómica e da local.
Un dos obxectivos da Secretaría Xeral de Medios é, segundo afirmaron, “converter o telecentro de comunicación nun punto de encontro dentro do concello, conseguindo incorporalo como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía”.

O Telecentro de Ourense

O Telecentro de Comunicación do Concello de Ourense, ao igual que os demais centros que a Rede ten espallados por toda a xeografía galega, é un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc.), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios (accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais ou multimedia) dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.
En concreto, este Telecentro conta con 20 postos informáticos con lector de DNI electrónico, DVD, Monitor TFT, Headset con micrófono e control de volume, Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia así como con un posto de profesor con lector de DNI electrónico, DVD gravador, Monitor TFT, Headset con micrófono e control de volume, Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia.
Tamén dispón de impresora láser cor, proxector con pantalla de proxección motorizada, pantalla de plasma de 42” e un Rack multimedia formado por mesas de mesturas de radio, amplificador e DVD-RW con TDT integrado.
Trátase dun servizo público e gratuíto para todos os cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Medios, que se desenvolveu en colaboración co Concello de Ourense.
Actualmente, a Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia dispón de TC nas localidades de Coruña, Abegondo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Carballo, Melide, Muros, Negreira, Oroso, Santa Comba, Santa Comba, Ribeira, Santiago, Vedra, Vimianzo, Allariz, Castro Caldelas, O Baro de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, A Fonsagrada, Becerreá, Chantada, Foz, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Quiroga, Sarria, Viveiro, A Cañiza, A Estrada, Catoira, Lalín, Marín, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?