Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: El Cosmonauta: un proxecto de filme que busca converter os internautas en produtores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

El Cosmonauta: un proxecto de filme que busca converter os internautas en produtores

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/06/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

elcosmonauta_logo.jpgEntre os filmes que se dan a coñecer estes días no blog de Curtas na Rede atopamos unha produción encamiñada (en palabras dos seus creadores) a rachar con todo o que deu de si a ultimamente empantanada produción cinematográfica española. Falamos e El cosmonauta, unha longametraxe que, sen selo, pois aínda é un proxecto, xa case dá tanto que falar coma se o fora. Enleadas aparte, e segundo se nos conta no dito blog, trátase dun filme de ciencia ficción de principio ata o fin. Ou sexa: non só é innovador o seu miolo temático, senón tamén o seu método de financiamento. A fórmula adoptada para cubrir as devanditas necesidades é a seguinte: a estratexia do crowd-funding. O termo en cuestión non di nada así meramente exposto, pero a cousa cambia se miramos pola Web exemplos desta práctica de sufragamento e a quen pertencen os casos máis salientables: ás ONGs de toda a vida e, hoxe sobre todo, a todos aqueles proxectos culturais, sociais ou empresariais que, a mantenta ou non, procuran unha vía de apoio alternativa ao das entidades bancarias.
Conclusión: do que se trata é de presentármonos en Internet, a través dunha web ou un blog, e buscar financiamento a cambio de participar nos beneficios. Por esta vía é por onde se moven os responsables de El Cosmonauta: na de converter á comunidade internauta en produtora.
E todo por unha contribución mínima de dous euros. Entre outras cousas, estes cartos daranlles aos financiadores dereito a deixar pegada nos títulos de crédito, a contar cun número único para participar no sorte do traxe de cosmonauta auténtico que se usará na rodaxe e a recibir un welcome pack (material variado de promoción). Por certo que os responsables da longametraxe tamén queren recoñecer amplamente a quen se sinta en meirande disposición de achegar máis apoios: achegando unha cifra que vaia alén dos 1.000 euros estaremos converténdonos en investidoras ou investidores, o que nos dá dereito a un contrato de sociedade de participación para así ter oportunidade de recibir a nosa parte de beneficios que xere a película.
O proxecto, que é todo Creative Commons (poderémolo copiar, distribuír e remesturar sempre e cando recoñezamos a autoría), está a ser posible grazas a Riot Cinema Collective. A película estará dirixida por Nicolás Alcalá e o seu argumento xirará arredor dun cosmonauta ruso a piques de selo, Stan, quen afronta a súa primeira viaxe ao espazo (a primeira experiencia directa de Rusia coa Lúa) con dous grandes pensamentos na cabeza: a viaxe en si mesma (todo un acontecemento) e Yulia, a muller do director da misión, actual amante de Stan. E segue: “Dous días despois de despegar a nave perde toda comunicación. Durante sete meses o seu amigo Andrei o busca desesperadamente, pero sen resultado algún. Un día a nave volve á Terra pero sen rastro do cosmonauta. O misterio comeza cando nunha serie de retransmisións Stan fala dende un lugar descoñecido. Di haber volto á Terra, só que esta está baleira…”

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?